TERMOS E CONDICIÓNS XERAIS DA VENTA

OBXECTO E XERALIDADES

As presentes Condicións Xerais de Contratación, (en diante,“Condicións Xerais”) regulan, ao par das condicións particulares que podan estabelecerse, as normas de compra de produtos através do sitio web www.vinoceleiros.com (en diante “o Sitio Web”), da que Galicia Rural Alimenta, S.L. é titular (en diante, A EMPRESA) con CIF B94083193  e domicilio en Lugar da Rocha 41 B Tomiño, Pontevedra.

O uso dos servicios do Sitio Web, así como la compra de calquera dos produtos ofertados, supón a aceitación do Usuario, sen reservas de nengunha caste, de todas e cada unha das presentes Condicións Xerais. O rexisto no Sitio Web e o uso dos servicios conleva que os seus datos como Usuario pasen a ser parte dos ficheiros d’A EMPRESA, e o seu tratamento será consonte ao previsto na Política de Privacidade, que o Usuario declara expresamente coñecer e aceitar.

Através do seu sitio www.vinoceleiros.com, A EMPRESA proporciona información a lor dos seus produtos e oferece a posibilidade da súa compra. As persoas que pretendan mercar produtos deben ter a condición de “Usuario Rexistado” ou de “Usuario Convidado”, que se achega completando o respeitivo formulario de rexisto previo ao proceso de compra e seguindo os pasos que A EMPRESA posteriormente comunica através do Sitio Web.

As presentes Condicións Xerais, ao par do Aviso Legal e da Política de Privacidade do Sitio Web, son as únicas condicións aplicábeis ao uso do Portal e á compra dos produtos através do mismo e substitúen a calquera outras condicións, agás no caso de previo acordo, por escrito, entre A EMPRESA e o Usuario. Xa que logo, o Usuario que acceda ao Sitio Web, que se rexiste e realice l compra de produtos através do Portal aceita submeterse e quedar vencellado polas Condicións Xerais, o Aviso Legal e a Política de Privacidade do xeito que se atopen redactadas no momento no que se acceda ao Sitio Web.

ESTÁ PROHIBIDA A VENDA DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS A MENORES DE DEZAOITO (18) ANOS.

Todo Usuario que se rexiste no Sitio Web debe ter, polo menos, dazeoito (18) anos.

No caso de que, por circunstancias de forza maior, un produto non estexa disponíbel logo de terse realizado a compra, A EMPRESA informará ao Usuario por correio-e da anulación total ou, no seu caso, parcial da encomenda. A anulación parcial da encomenda non dá dereito á anulación da totalidade dela, sen perxuizo do exercicio do dereito de desistimento que corresponde ao Usuario, de conformidade co estabelecido nas presentes Condicións Xerais.

PAGAMENTO

O Usuario comprométese a pagar no momento que realiza a encomenda. Ao precio inicial que figure no sitio Web para cada un dos produtos oferecidos hánselle acrescentar as tarifas correspondentes aos gastos de envío que lle atinxan. En calquer caso, esas tarifas serán comunicadas previamente ao Cliente antes de formalizar a propia compra.

A compra poderase realizar mediante cartón de crédito ou débito, mediante o sistema de PayPal e mediante outros sistemas de pagamento indicados en cada momento no Sitio Web.

Para proceder ao pagamento, o Usuario deberá seguir as instrucións que aparecen en pantalla, en función do sistema de pagamento escollido

O Usuario deberá notificar a A EMPRESA calquer cargo indebido ou fraudulento na cuenta proporcionada para compras no Sitio Web, no menor prazo de tiempo posíbel, co obxecto de que A EMPRESA poda realizar as xestións que considere convenientes.

ENTREGA E DEVOLUCIÓN DE PRODUTOS

A EMPRESA comprométese a entregar o produto en perfecto estado no enderezo que o Usuario sinale no formulario de encomenda, enderezo que, en todo caso, deberá estar situado dentro  da Península Ibérica. 

A EMPRESA non será responsábel dos erros sobrevidos na entrega cando o enderezo para iso introducido polo Usuario no formulario de encomenda non se axuste á realidade ou algúns dados importantes foran omitidos.

Prazo de entrega

Os envíos serán feitos através dunha empresa de mensaxaría. A encomenda realizada por vostede ha serlle entregada nun prazo máximo de 4 días laborábeis dende que lle fixeramos a confirmación dela, ainda que o prazo de entrega normal d’A EMPRESA adoita ser entre os 2 e os 3 días, dende la finalización da encomenda.

Estes prazos son medios, e, xa que logo, una estimación. Por iso, é posíbel que varíen por razóns loxísticas ou de forza maior. En casos de adiamento nas entregas, A EMPRESA informará aos seus siareiros da que teña coñecemento deles.

Cada entrega considérase feita apartir do momento no que a empresa de transportes pon o produto ao dispor do Cliente,  momento que se materializa através do sistema de controlo utilizado pola compañía de transportes.

No caso de adiamentos na entrega dos pedidos imputábeis a A EMPRESA, O Siareiro poderá anular a súa encomenda de acordo co procedemento descrito no Apartado  “Devolución”. Non se considerarán adiamentos na entrega aqueles casos nos que a encomenda fora posta ao dispor do Siareiro por parte da compañía de transporte dentro do prazo acordado e non pudera ser entregada por causa de reponsabilidade do Cliente.

Para envíos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia o custo do envío será de 4,50 € IVE incluído por cada pedido, para o resto de España (Península) e Portugal o custo do envío será de 5,75 € IVE incluído.

Devolución

Todos os productos comprados n’A EMPRESA poderán ser devoltos e reembulsados, sempre que o Siareiro comunique a A EMPRESA a súa tención de devolver o/os produto/s mercado/s dentro dun prazo máximo de até 14 días laborábeis contados dende a data de entrega e que se cumpra o resto das condicións estabelecidas neste apartado.

A EMPRESA só aceitará devolucións que cumpran os seguintes requisitos:

  1. O producto debe estar no mesmo estado no que se entregou e deberá conservar a súa embalaxe e o seu etiquetado orixinal.

  2. O envío debe facerse usando a mesma caixa no que foi recibido, para protexer o produto. No suposto que non poda facerse coa caixa coa que se entregou, o Siareiro deberá devolvelo nunha caixa protectora para que o produto chegue ao armacén d’A EMPRESA coas máximas garantías posíbeis.

  3. Debe incluirse una copia unha copia do albarán de entrega dentro do pacote, no que deben sinalarse os produtos devoltos e o motivo da devolución.

Ao obxecto de facilitar aos Siareiros o proceso de devolución e poder facer un correcto seguimento da mesma, A EMPRESA estabelece como único procedimento de devolución o sinalado por ela mesma. Se o motivo da devolución é imputábel a A EMPRESA (o produto ten tachas, non é o que se pedira, etc.), o importe da devolución será reembulsado. Se o motivo é outro (os produtos foron servidos correctamente pero non son do teu gosto…), o custo dos gastos de devolución serán a cargo do Cliente.

Para proceder cunha devolución, débense seguir os siguientes pasos:

  1. Informar, antes de 7 días naturais dende a súa receición, que quere realizar a devolución do produto. A información poderá realizarse vía correio-e a info@vinoceleiros.com ou mediante o formulario de atención ao Cliente.

  2. A EMPRESA informará ao Cliente do enderezo ao que debe enviar o produto.

  3. O Cliente debe envialo mediante unha empresa de mensaxaría da súa escolla. A devolución debe pagala o Cliente.

  4. Informar da empresa de mensaxaría utilizada, data e hora da devolución.

A devolución dos produtos dará lugar a un reembolso igual ao custo dos produtos devoltos, ao que se resta o custo do servizo de devolución.

Só no caso de que o produto entregado teña tachas ou sexa incorrecto, A EMPRESA reembulsará tamén ao Siareiro os gastos de envío correspondentes.

As devolucións e as anulacións parciais darán lugar a reembulsos parciais.

A EMPRESA xestionará a orde de devolución do prezo mediante o mesmo sistema de pago utilizado por o Siareiro para a compra dos produtos, nun prazo de trinta (30) días dende a recollida da encomenda devuelta e unha vez A EMPRESA teña comprobado que os produtos obxecto de devolución cumpren cos requisitos estabelecidos anteriormente.