O NOSO TINTO

Zona de producción: Ribeira do Sil, Ribas de Sil, Pombeiro, Lugo.
Caste de uva: 100% mencía de cepas centenarias.
Produción controlada e limitada a un rendemento de 2,5 kg de bago por cada cepa
Graduación: 13% vol.
Crianza: 25% en barrica de carballo, francés e americano, durante 4 meses (antigüidade máxima barricas 2-3 anos). 75% en tanque de aceiro inoxidábel con maceración sobre propias lías durante 12 meses.
Produción: 20.000 botellas/ano.

NOTAS DE CATA

  • Vista: Vermello picota de media capa.
  • Nariz: Frutos vermellos, amoria, frambuesa y regaliz. Notas de especias, pementa e lembranzas minerais de pizarra e coiro.
  • Boca: Viño larpeiro, con ampla entrada en boca, fino con lixeira acidez e taninos maduros que marcan unha lene astrinxencia. Final prolongado. Bon viño de corte atlántico, fresco e equilibrado.

Temperatura de consumo recomendada: 17 ºC -18ºC.

ADEGA

Nos socalcos das viñas de Cabreira e Retrotoiro, na Ribeira do Sil, onde os monxes ergueron no s. XII o mosteiro de San Vicente de Pombeiro, está localizada a Adega Pena das Donas.
Apostamos pola variedade autóctona mencía, baseando a nosa produción exclusivamente na uva procedente de viñedos situados nas abas do río Sil,beneficiados por un microclima excepcional para a súa produción.

Tras recibir os acios á adega, pasan por unha mesa de escolla e deste xeito elíxese a uva de meirande calidade e evítase a entrada da que teña fervuras non desexadas.

O noso obxectivo máis nomeado é acadar o mellor mosto en orixe para procurar, logo do paso polas barricas de carballo, un viño de alta expresión