O NOSO ALBARIÑO

Zona de producción: Parroquia de Barcela, Arbo, Pontevedra
Caste de uva:100% caste albariña. Produción controlada e limitada a un rendemento de 2,5 kg de bago por cada cepa.
Graduación: 13% vol.
Crianza: 5% en barrica de carballo, francés e americano, durante 2 meses (antigüidade máxima barricas 2-3 anos). 95% en tanque de aceiro inoxidábel con maceración sobre propias lías durante 4 meses.
Producción:  15.000 botellas de 3/4l / ano.

NOTAS DE CATA

  • Vista: Cor amarela intensa con reflexos verdosos e bágoa densa.
  • NarizRico en aromas cítricos, flores brancas tipo xazmín, froita de carabuña como a pavía e lembranzas de froitas tropicais. Intensidade media.
  • Boca: Entrada en boca ampla, saborosa e fresca. Mantén untuosidade e lixeireza. Final prolongado e frutuoso con lembranzas a froitas brancas.

Temperatura de consumo recomendada: 10ºC-12ºC.

ADEGA

Beira Aral conta cunhas 3 ha de viñedos na parroquia de San Xoán de Barcela, en Arbo, situados en terreos pequenos con emparrado como forma maioritaria de condución. Cultivamos principalmente uva albariño e un pouco de uva loureira. A primeira, de acio pequeno, é un froito cun alto nivel de azucre e acidez que lle dá unha gran frescura aos viños.
Tras a vendima aproveitamos só o mosto bágoa das primeiras prensadas, utilizando para a súa fermentación en cubas de aceiro fermentos autóctonos da variedade. Despois unha parte do viño trasládase a barrís de carballo francés realizando un battonnage diario sobre lías finas mentres outra parte dese viño é inducida a unha fermentación maloláctica. Tras estes dous procesos vólvese unir o viño para obter o definitivo Celeirós de Barcela.