O NOSO CONDADO

Zona de produción: Parroquia de Barcela, Arbo, Pontevedra
Caste de uva: 60 % caste treixadura, 35% caste albariña y 5% loureiro.Produción controlada e limitada a un rendemento de 2 kg de bago por cada cepa.
Graduación: 13% vol.
Crianza: 5% en barrica de carballo, francés e americano, durante 2 meses (antigüidade máxima barricas 2-3 anos). 95% en tanque de aceiro inoxidábel con maceración sobre propias lías durante 4 meses.
Produción:  1.000 botellas de 3/4l / año.

NOTAS DE CATA

  • VistaCor amarela palla con reflexos verdosos e bágoa densa.
  • NarizMoi varietal con perfecta unión entre a treixadura que marca aromas a froitas de carabuña e o albariño coas súas notas florales. Intensidade media-alta.
  • BocaEntrada en boca ampla, sabrosa e moi voluminosa. Mantén untuosidad e graxa. Final prolongado e persistente con retronasal moi aromática.

Temperatura de consumo recomendada: 11ºC-13ºC.

BODEGA

Beira Aral conta cunhas 3 ha de viñedos na parroquia de San Xoán de Barcela, en Arbo, situados en terreos pequenos con emparrado como forma maioritaria de condución. Cultivamos principalmente uva albariño e un pouco de uva loureira e treixadura. A primeira, de acio pequeno, é un froito cun alto nivel de azucre e acidez que lle dá unha gran frescura aos viños.
Tras a vendima aproveitamos só o mosto bágoa das primeiras prensadas, utilizando para a súa fermentación en cubas de aceiro fermentos autóctonos da variedade. Despois unha parte do viño trasládase a barrís de carballo francés realizando un battonnage diario sobre lías finas mentres outra parte dese viño é inducida a unha fermentación maloláctica. Tras estes dous procesos vólvese unir o viño para obter o definitivo Celeirós Condado do Tea.