ESFERIFICACIÓNS DE ALBARIÑO

Sen esquecer o noso gosto polo tradicional, mais con anceios de chegar a novos produtos e a técnicas anovadoras, logo de 18 meses de ensaios, chegamos ao deseño e realización dun produto único, surprendente para os padais que o proban: as nosas esferificacións de albariño, elaborado a partir do noso viño Celeirós de Barcela, a través dun complexo proceso de esferificación.

MARIDAXE

Este produto está composto por pequenas esferas recheas de viño albariño que estoupan no noso padal, asulagando de aromas e sabores propios do noso magnifíco viño, casando perfeitamente con pratos como as ostras frescas, a pescada, o queixo de tetilla tradicional , as galletas mariñeiras con paté de nécora… e con todo o que vostede poida imaxinar.