Os Celeirós da Barca

Os Celeirós da Barca de Santo Estebo de Ribas de Sil foron colleiteiros e adegueiros dende finais do século XIX. Fachendeaban dese alcume, co que os coñecián nas parroquias de Anllo e Frontón. A familia, de vello, elaborou os seus viños, de cepas antigas, de xeito artesanal. Cepas cultivadas nos socalcos que asoman ao Sil e ao Cabe, asulagados de sol, no lugar onde estes ríos se xuntan no corazón da Ribeira Sacra.

Vendían o viño en pelellos, viño de castes coma o carnaz.

Pero todo evolúe.

A paixón polo viño

No ano 2011, unha presiña de persoas, chegadas de diversos mundos mais coa común paíxón do viño, decidimos botar a andar o proxecto Celeirós, baseado na produción de viños galegos, seguindo os métodos tradicionais e artesanais, quer no cuidado e cultivo das viñas, quer na elaboración dos caldos.

En primeiro optamos por elaborar o noso mencía na Ribeira Sacra e logo de moito andar e escoller, seleccionamos unhas viñas centenarias nas Ribeiras do rio Sil, xa perto da súa confluencia co río Miño, en territorio da D.O. Ribeira Sacra. Para a elaboración, a escolla foi unha pequena e moderna adega, Pena das donas, en Pombeiro, Ribas do Sil.

As primeiras anadas

Coa nosa primeira anada, Celeirós mencía 2012 acadamos un viño moi característico, que foi moi ben aceptado e que gañaba siareiros só con probalo.

Mais no noso maxín bulía a idea de elaborar un viño branco, senlleiro, de uvas albariñas. Ao ano seguinte comezamos a procura de viñedos que nos fornecesen esas uvas únicas que permitisen a elaboración do branco soñado… Dese xeito seleccionamos varias fincas na parroquia de Barcela, en Arbo, no Condado, dentro da D.O. Rías Baixas e comezamos a criar o noso Celeirós de Barcela 2013 do que nos sentimos satisfeitos, nós… e os que tiveron o pracer e a oportunidade de probalo.

TENDA ON LINE  

COMPRA  PRODUTOS CELEIRÓS NA NOSA TENDA